miércoles, 3 de abril de 2024

Atrapa a bandeira

Seguimos cos mércores de movemento. Esta semana tocou estratexia e velocidade co xogo 'atrapa a bandeira'. 

Corremos, pensamos, planificamos, falamos, corremos máis.... e sobre todo, pasámolo moi ben! 

Gustounos moito e queremos máis, así que, seguiremos! Porque quen move as pernas... move o corazón! 







miércoles, 20 de marzo de 2024

A porca

 Esta semana tivemos a sorte de que viñesen ensinarnos novos xogos tradicionais. 

Aprendemos e vivenciamos a 'porca' e outros xogos de persecución e habilidade. 

Pasámolo moi ben, rimos moito e gustounos aprender algo que non coñeciamos. 

Seguiremos aprendendo e xogando a estes xogos cando poidamos. 

E seguiremos movendo as pernas....e o corazón! 








jueves, 7 de marzo de 2024

ATLETISMO AMOEIRO






 












O outro día fomos ata Amoeiro a desfrutar dunha xornada deportiva onde realizamos diferentes probas de atletismo con outro colexio. 
Houbo moitos nervios pero moita diversión. 
Preparándonos para máis!
Quen move as pernas.... move o corazón! 

miércoles, 28 de febrero de 2024

Preparándonos para a competición

 A semana que vén temos unha evento deportivo que nos fai moita ilusión. Imos participar nunha competición de atletismo con outros colexios da contorna. 

Como as cousas novas fan ilusión pero tamén dan algo de nervios...estivemos preparando as probas para poder vivencialas e ir experimentando sensacións que logo teremos na competición. 

O tempo acompañouns para poder mover as pernas e o corazón e desfrutar debaixo do sol, que gusto!







miércoles, 21 de febrero de 2024

De camiño a Orros

Este mércores deixamos o colexio atrás para ir camiñando en dirección a Orros a coñecer a contorna. Foi un camiño entretido, onde desfrutamos do bo tempo e da compañía. Recorremos 3 km e 600m en 56 minutos, a un ritmo medio de 15 min o km, e volta ao colexio a comer, que nos facía falta. Seguiremos camiñando por aí porque quen move as pernas... move o corazón!

miércoles, 7 de febrero de 2024

Mércores de Comadres

Hoxe tocoulle o turno ás comadres. 

Malia que o tempo nolo puxo difícil e tivemos que refuxiarnos da choiva, non houbo excusa para non atopar un sitio onde poder correr e divertirnos. 

Aquí vos deixamos unhas fotos para que vexades o ben que o pasamos movendo as pernas e.... movendo o corazón!