XOGADE 2016-2017

XOGANDO AO ATLETISMO EN CEA
Foi este pasado xoves 25 de maio, cando celebramos a última proba do XOGADE neste curso 2016/ 2017. Celebrouse por primeira vez no colexio de Cea, e tivemos unha acollida extraordinaria, Foi unha grande xornada de convivencia e deportividade. Podedes ver o resultado en imaxes premendo no seguinte enlace ou visionando o seguinte vídeo que nos fixeron dende o Colexio de Cea.
                   


XOGANDO AO MINIBALONMÁN 2017
     Un ano máis celebrouse o Campionato de Minibalonmán, foi no Pazo Paco Chao do Carballiño, e nel participaron 5 colexios e seis equipos na Categoría Alevín Mixto. Pinchando aquí podedes ver tódalas fotos do evento. As clasificacións foron as seguintes:
  1. CPI ANTONIO FAÍLDE A ( CAMBEO )   
  2. CEIP OTERO PEDRAIO ( AMOEIRO)  
  3. CEIP NOSA SENHORA DE XUVENCOS ( BOBORÁS)
  4. CPI NOSA SEÑORA DA SALETA ( CEA )
  5. CEIP VIRXE DA PENA DA SELA ( O IRIXO )
  6. CPI ANTONIO FAÍLDE B ( CAMBEO ) 

FINAL DE BÁDMINTON 2017
Martín e Samuel (1º e 3º ) co representante de Amoeiro (2º)
    Un ano máis desenvolveuse a final de Bádminton ( antes realizáronse as distintas eliminatorias dentro de cada centro, para seleccionar aos catro mellores de cada categoría, tanto masculino como feminino). As moi boas instalacións do IES Nº 1 do Carballiño, viron aos mellores xogadores de Bádminton da Comarca.       Os primeiros en debutar foron os Alevíns, destacando as dúas medallas dos representantes do Irixo (1º e 3º ) na categoría Alevín Masculino, o segundo clasificado foi o representante de Amoeiro. Na categoría Feminina foi o Vila do Arenteiro que copou os primeiros postos. Á seguinte semana foron os máis maiores na categoría Infantil e Cadete os que celebraron a súa final. Pinchando AQUÍ podedes ver moitas máis fotos

2ª PROBA DE CAMPO A TRAVÉS.2 FEBREIRO DE 2017
As benxamíns preparadas para participar na carreira
    O xoves 2 de febreiro celebrouse no Puzo do Lago en Maside a final Comarcal de Campo a través a cal da dereito a participar no Campionato Provincial ( Monterrei- Ourense o 18 de febreiro de 2017) aos oito primeiros individuais e aos dous primeiros equipos de cada categoría. Foi un día espléndido con unha participación moi numerosa. Unha vez máis temos que salientar o bo comportamento de tódolos nenos e nenas destacando conviviencia e o Fair-Play. O noso Colexio tivo unha moi boa actuación, aínda   que non logramos ningunha medalla temos que salientar a clasificación de varias    nenas para a final do Campionato Provincial.
Fotos da xornada
Fotos da xornada no Puzo do Lago
As clasificacións individuais e por equipos podédelas consultar nos seguintes enlaces:
  1. BENXAMÍN FEMININO BEMXAMÍN MASCULINO
  2. ALEVÍN FEMININO         ALEVÍN MASCULINO
  3. INFANTIL FEMININO    INFANTIL MASCULINO
  4. CADETE FEMININO         CADETE MASCULINO

1ª PROBA DE CAMPO A TRAVÉS. NOVEMBRO DE 2016
     O martes 29 de novembro participamos na 1ª proba de Campo a Través organizada pola Agrupación Deportiva Arenteiro, dentro do programa XOGADE ( Secretaría Xeral para o Deporte). Acudiron tódolos alumnos de primaria agás os de 1º, e tivemos unha moi boa clasificación. Aínda que o máis importante foi a xornada de convivencia con 500 alumnos máis de 11 centros da Comarca. Aquí podedes ver moitas fotos e tamén as distintas clasificacións. No seguinte enlace verás máis fotos