+ E MELLOR E.F 2016-2017

3ª ANDAINA

  Un ano máis fixemos a ruta de Saavedra a cal nos vai levando por sitios moi fermosos do noso Concello. Unha vez máis temos que destacar a grande variedade de especies vexetais, prados e tamén fauna da zona, sin lugar a dúbidas sitios onde o ar que respiramos é o ideal.

Fotos da ruta deSaavedra

Powered by Wikiloc
ACTIVIDADE FÍSICA E MAGOSTO

Nenos de EI, disfrutando dun xogo

                     
                          Fotos da actividade
 Aínda que foi despois do día do San Martiño, os nenos do Irixo non ían a quedar sin celebralo. O día foi estupendo climatolóxicamente falando.   Así que, cando rematamos o xantar, o primeiro que fixemos foi unha grande fogueira, onde poder asar máis tarde as castañas que cada neno trouxo da súa casa. Mentres todo isto pasaba, os profes e en espacial Ana, animaron a festa, con bailes e cancións moi divertidas e sobre todo con moito ritmo. Unha actividade física na que o aspecto lúdico está por riba de todo.
VISTANDO RIDIMOAS


RIDIMOAS: O TEU BOSQUE

     Hoxe martes 8 de novembro foi un día de festa para tódolos nenos e nenas do Colexio do Irixo, tamén para os profes, porque é un grande pracer escoitar a Pablo Rodríguez "Oitavén". El foi quen de ensinarnos os entresijos da natureza, flora e fauna de Ridimoas. Un pequeno lugar descoñecido para moita xente, pero que merece a pena coñecer. Estivemos todo o día e puidemos facer unhas cantas instantáneas da xornada.
No seguinte enlace pódense ver moitas máis fotos.

Powered by Wikiloc

2ª ANDAINA. VILA
  

 Este mércores 26 de outubro, realizamos a 2ª Andaina, o tempo era moi bo, así que, camiñar era o mellor que podíamos facer. Moita subida ao inicio que logo veríase recompensado coas vistas e co simple pracer de estar no medio da natureza.


           https://goo.gl/photos/NAZM3HSREEEeq2ez9                               
                 
                 fotos               a ruta podédela descargar aquí

1ª ANDAINA. PORTO DA VEIGA
   


                           Foi o cinco de outubro cando iniciamos un ano máis o Plan Proxecta, que como é ben sabido, ademais doutras actividade, supón unha hora máis de EF no noso centro, esta vez fixemos unha andaina xa coñecida, pero que non por iso deixa de ser interesante, na pestana das fotos podedes ver algunhas anecdotas da saída, ademais de explorar o percorrido


Powered by Wikiloc

No hay comentarios:

Publicar un comentario